Ciudadanos pide actuar contra os “pubs conflitivos” da rúa Tui e Ramón Cabanillas

O Grupo Municipal de Ciudadanos pregunta ao Goberno municipal socialista por que non actúa contra os establecementos de ocio nocturno ubicados nas rúas Tui e Poeta Ramón Cabanillas e que supoñen “un foco habitual de conflitividade todas as fins de semana e de constantes queixas por parte dos veciños da zona”.

A voceira de Ciudadanos no Concello, Olga Louzao, levou o asunto á Comisión celebrada o pasado venres para que o Goberno deberá dese explicacións en relación á situación destes dous establecementos. Segundo o exposto polo Goberno, pese a funcionar como pubs, estes negocios teñen licenza de café-bar e incumpren a normativa relativa a contaminación acústica que lles impide dispoñer de equipos de música por contar cun illamento acústico deficiente, segundo se constatou na visita dos técnicos municipais de xaneiro de 2006, previa á concesión da licenza de actividade. O seu aforo máximo, ademais, está limitado a 90 persoas.

Ciudadanos preguntou se hai aberto algún tipo de expediente a algún destes establecementos por incumprimento da normativa relativa a horarios de peche, contaminación acústica ou algún outro concepto e se lles foi imposta algún tipo de sanción por parte do Concello e o Goberno municipal respostou que foron incoados neste ano 2016 dous expedientes sancionadores: un deles rematou co pago dunha multa de 600 euros polo equipo de música e hai outra pendente polo mesmo concepto.

Olga Louzao considera “incomprensible que se permita estar abertos a locais de ocio que non se axustan á licenza que teñen solicitada e que rexe a súa actividade”. “Non entendemos como estes dous pubs levan 10 anos abrindo de madrugada con licenza de café-bar e non teñen ningunha sanción por incumprir o horario de peche establecido para un café-bar, que evidentemente non pode estar aberto ás 4 ou ás 5 da mañá”, afirma a concelleira de Ciudadanos.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Jose Luis Lamela Ramos
    Nov 22, 2016 - 12:12 AM

    y yo le preguntó a ellos para cuando un referéndum sobre la monarquía?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo