" />

Ciudadanos pide medidas de urxencia para minimizar a crise que atravesa o ocio nocturno

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a traballar para minimizar a crise que atravesan os negocios de lecer nocturno na nosa cidade debido ao cese de actividade motivado pola pandemia da Covid-19. A concelleira mantivo ao longo das últimas horas unha reunión con representantes do colectivo de hosteleiros do sector no que lle trasladaron a gravidade da situación e onde expuxeron a necesidade de que o Goberno local se involucre para evitar a destrución de parte do tecido empresarial e dos postos de traballo asociados a estes negocios. “Si a situación de pechadura se prolonga, algo que parece inevitable pola crise sanitaria, moitos negocios pecharán de forma definitiva, é necesario minimizar os efectos da crise sobre estes locais con medidas concretas que dependen directamente da administración local”, sostivo Louzao.

A concelleira propón poñer en marcha un paquete de medidas que contribúan a inxectar liquidez ao sector para afrontar estes meses de cese de actividade. Deste xeito Louzao avoga pola devolución das taxas de recollida de lixos e auga correspondentes ao periodo de cese de actividade. “Trátase dunha medida xusta que xa suscitamos dentro do paquete medidas que se levou a pleno o pasado mes de abril co obxectivo de dinamizar ao economía local e apoiar á pequena e mediana empresa e que non entendemos por que foi rexeitada”, sinalou. Do mesmo xeito Cs considera que o goberno local debe bonificar o importe dos impostos do IBI e o IAE correspondente ao periodo de cese de actividade. “Estas medidas non terían impacto de calado nas contas municipais e supoñen un balón de osíxeno para o sector”, expuxo.

A seguridade, un elemento crave para o futuro

Durante o encontro, os hosteleros tamén mostraron a súa preocupación pola escasa presenza policial ao longo dos últimos anos na zona centro durante o horario nocturno os fins de semema, algo do que a portavoz da formación laranxa é conciente por queixas chegadas desde outros colectivos. Por iso Cs considera que é necesario aumentar da presenza da Policía local na quenda de noite de cara a un futuro para a reapertura.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Mari Dominguez
    Set 15, 2020 - 12:36 PM

    E os diurnos!

    Reply
  2. Avatar
    Luis Díaz
    Set 15, 2020 - 12:22 PM

    Soluciones pido que yo no tengo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo