" />

Ciudadanos pide solucións ao problema dos accesos á Praza de abastos e Mercado Municipal

A portavoz de Cs no concello Olga Louzao, enviou unha carta á alcaldesa para que busque unha solución para acceder de xeito cómodo á Praza de abastos e ao Mercado Municipal, xa que o “O inicio das obras de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros están xerando unha drástica redución de afluencia tanto ao Mercado municipal como á Praza de abastos por mor da mala planificación dos traballos deseñada polo Goberno local. Bloqueáronse os traxectos peonís que levan aos accesos tradicionais destas instalacións o que se traduce nunha perda de clientela preocupante, máis se cabe, nunha época na que os cambios nos hábitos de consumo motivados pola pandemia de Covid-19 poñen en serio risco a continuidade de moitos postos dedicados á comercialización de produtos de proximidade cuxo aporte á economía local, vida social e identidade gastronómica é dun valor fundamental” Desta

Asegura Louzao que “o Mercado Municipal e a Praza de abastos son dúas instalacións de valor estratéxico incuestionable para o noso municipio. É preocupante a falta de capacidade de diálogo evidenciada polo Goberno local na xestión desta transformación urbana”.

Desde este grupo, continúa a edil, consideramos un erro non consensuar o plan de traballo previamente cos placeiros e consideramos outro fallo o non prever pasos peonís que garantan o acceso polas rutas habituais. Do mesmo xeito censuramos a falta de información facilitada aos veciños e veciñas da cidade ante o inicio das obras, xa que é esta falta de información é un dos elementos que limita a afluencia de clientela a estes espazos”.

Para rematar, Ciudadanos considera necesario crear “outra liña de axudas destinada a sufragar parte dos gastos da seguridade social e seguro de autónomos e introducir bonificacións sobre IAE e as taxas correspondentes á recollida de lixo e subministración de auga”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo