" />

Ciudadanos propón facer peonil a Rolda da Muralla durante os fins de semana

A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, propuxo esta mañá peonalizar a Rolda da Muralla durante os fins de semana para garantir a distancia social de cara á nova fase da desescalada na que se permitirá paseos familiares e a práctica de deporte.«No radio dun quilómetro desde a Rolda concéntrase gran parte da poboación urbana da cidade. É necesario contar cun espazo que permita albergar a esta poboación de cara ás saídas previstas para o vindeiro domingo. Debemos evitar concentracións e aumentar a superficie peonil limitará os contactos. A Rolda é o lugar idóneo para facelo”.

A superficie de metros cadrados que proporciona esta vía “é un recurso que debe ser posto en valor», agregou.«Consideramos que, coa redución dos desprazamentos persoais, cortar o tráfico na Rolda durante unhas horas as fins de semana non supoñerá un problema para a mobilidade. De feito xa existen itinerarios alternativos tanto para o transporte público como privado», dixo.

Unha antiga reivindicación de Cs

Louzao recordou que peonalizar a Ronda durante os fins de semana é unha proposta incluída no proxecto de xestión urbana da formación laranxa.«Consideramos que o mellor xeito de avanzar cara a unha Rolda da Muralla onde os transeúntes sexan a máxima prioridade é desenvolver medidas deste tipo onde se pode calibrar á perfección o impacto sobre o tráfico e a mellora na calidade de vida da cidade. Na situación que atravesamos motivada pola pandemia do Covid-19 o valor estratéxico da esta vía como potencial zona de expansión é incalculable. O Goberno local non pode obviar este asunto, nestes momentos trátase dunha necesidade de primeira orde xa que contribuirá a garantir a seguridade dos lucenses. Ninguén quere atoparse cunha cidade desbordada o vindeiro domingo», concluíu.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Mari Dominguez
    Abr 30, 2020 - 12:13 AM

    Menuda payasada, non abera outras cousas das que preocuparse na pandemia que estamos

    Reply
  2. Avatar
    Luis Díaz
    Abr 29, 2020 - 12:07 PM

    Para qué, para descongestionar el paseo del Rato, quizá?. Esta gente no estaría mejor haciendo el ridículo dentro del PP, al menos volviendo a casa pasarían más inadvertidos.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo