Ciudadanos solicita a posta en marcha do Consello Municipal de Turismo

O grupo municipal de Ciudadanos pídelle ao Goberno local de Lugo que bote a andar canto antes o Consello Municipal de Turismo, un organismo creado a petición desta formación e que obtivo o respaldo unánime de todo o pleno municipal.

“Esperemos que bote a andar de forma efectiva o antes posible e que as accións do equipo de Goberno non queden en meras anécdotas por vistosas que resulten en Twitter ou na pantalla dixital”, sinalaba a voceira da formación Olga Louzao en referencia aos mensaxes da alcaldesa de Lugo nesta rede social promocionando a Volta Ciclista a España ao seu paso pola cidade de Lugo.

Mediante un comunicado, Louzao lembrou que “sen un plan integral coherente e que unifique esforzos e filosofía, é posible que o resultado non sexa o agardado”, e lembrou que é necesario apostar por “un turismo de calidade, sostible e responsable, que beneficie a toda a cidade”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com