Co traslado da vía do tren, o acceso ao porto de Burela entra na fase crucial

A obra do acceso ao porto de Burela entra na fase máis importante: a do traslado da vía do tren.

O alcalde, José Mª González Barcia, subliña a súa transcendencia para actividade empresarial do porto.

O rexedor explicou que esta semana estanse a facer os traballos previos ao movemento da vía do tren, consistentes fundamentalmente na limpeza da zona e na drenaxe, que ten moita importancia nesta obra porque está moi vinculado ao caudal do río Perdouro. Estas tarefas son imprescindibles para poder abordar o groso da obra, que empezará a próxima semana cos traballos para cambiar o trazado da vía ferroviaria. A partir de agora, de forma paulatina, a obra vai ir collendo ritmo, ainda que “a parte máis importante vaise levar a cabo nos meses de abril e maio”. E engadiu que “hoxe pola mañá estivemos en Santiago co director xeral de Infraestruturas, Francisco Menéndez, para  analizar o plan de actuación da obra”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo