Codex Cinema estrea este venres os filmes “As liñas descontinuas” e “O axente secreto”

Os cines Codex estrean hoxe o filme galego “As liñas descontinuas”, da directora Anxos Fazáns na que se consagra cunha fermosa historia de amor.

Sinopse: Bea, que se está a divorciar, coñece a Denis cando este irrompe na súa casa con intención de roubar. En lugar de entregalo á policía, comeza a falar con el.

A outra estra deste venres Codex Cinema é o filme brasileño “O axente secreto”, un thriller político cunha historia desgarradora pero moi interesante cun forte selo identitario.

Este filme conta con varios premios como o Premio a Dirección e Mellor actor no pasado Festival de Cannes; 2 premios nos pasados Globos de Ouro; 2 nominacións aos BAFTA e 4 nominacións aos Oscar.

Sinopse: baixo o espectro ameazante da ditadura militar, no Brasil de 1977, Marcelo, un profesor universitario duns corenta anos, deixa atrás un pasado turbulento e volve á cidade de Recife na semana do Entroido. Agarda reunirse co seu fillo. Axiña decátase de que as forzas gobernamentais o  vixían e o seguen.

Asemade e logo da gran afluencia de público o domingo 22 ás 18:00h haberá un novo pase do documental “360 Curvas”

Sinopse: 360 curvas marcan a distancia que separa A Fonsagrada de Lugo. Este camiño longo, difícil e descendente entre montañas, reflicte o declive dun lugar que, a comezos dos anos 90, decidiu loitar pola súa supervivencia nunhas revoltas sen precedentes coñecidas como As Movidas. Narrada entre un pasado e un presente non tan afastados, esta é a historia dunha comunidade rural que se nega a desaparecer.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com