Cogami acolle na súa sede de Lugo dous cursos para 30 persoas con discapacidade

As aulas formativas que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten no polígono de Fingoi lucense iniciaron tempada escolar especializada na formación de persoas con diversidade funcional. Durante esta semana iniciaron dous cursos, un de Operacións de gravación e tratamento de datos e o outro de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, estes cursos pretenden ser unha oportunidade para aquelas persoas que agora están en situación de desemprego, poidan aprender unha profesión e adquirir a conseguinte oportunidade de inserción laboral.

O curso de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes impártese a 14 persoas, das que a metades destas son mulleres. Esta acción formativa conta cun total de 488 horas de duración, polo que se estenderá ata mediados do mes de febreiro. Destas, 390 son horas teóricas onde aprenderán a preparar cultivos, a instalar xardíns, a tratar as plantas e a realizar labores de mantemento. Tras estas clases teóricas, terán que realizar prácticas en empresas cunha duración de 80 horas.

Ao outro curso que se imparte en COGAMI-Lugo, de Operacións e gravación de tratamento de datos, acoden un total de 13 alumnos. Esta formación contará con 458 horas presencias, co que rematará a mediados de febreiro do ano que vén. Para poder adquirir o diploma final que se entregará, é necesario que o alumnado se forme nas clases teóricas de procesador de textos, tratamento de datos e follas de cálculo, xestión de arquivos e xestión de soportes informáticos. Tamén terán que superar as 80 horas de prácticas en empresas da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com