Colectivos animalistas consideran “positivo para os animais” o bipartito lucense

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber apelaron esta mañá ao entendemento co novo goberno municipal de Lugo para tratar de sacar adiante verdadeiras políticas de protección animal e convivencia, tendo en conta que lembran que o anterior mandato non tivo aspectos positivos.

Os animalistas lembran as polémicas sobre os permisos para que se establecesen circos que explotaban animais en Augas Férreas, ou a falta de iniciativa para elaborar unha Ordenanza sectorial que urxe desenvolver para adaptar as disposicións locais á normativa autonómica recente, en vigor desde 2017.

Ademais resaltan a necesidade de que o goberno local implíquese en programas de xestión integral de colonias felinas, como fixeron nos últimos anos cidades como Santiago de Compostela e A Coruña, escoitando e apoiando a un voluntariado ‘orfo’ de diálogo.

O feito de que o BNG asuma Educación tamén é visto con esperanza polos defensores dos animais, que levan tempo reclamando a implicación do consistorio no desenvolvemento de campañas de sensibilización, e onde poñen como exemplo o programa pedagóxico Escola Animal, que ambas as ONG desenvolveron con moi bo resultado en Sabadell.

Neste sentido o apartado de convivencia tamén estivo collo o pasado mandato 201-2019, ao non existir novas zonas de esparexemento animal que dean resposta ao crecente número de animais ‘de familia’ que conviven nos fogares lucenses. Tampouco queren FFW e LIBERA! a compracencia do consistorio “coas ocorrencias da Xunta” para modificar o comportamento da fauna silvestre, señaladamente jabalíes, aos que pretende afastar da localidade con gaiolas- trampa, onde logo son sacrificados, e mesmo batidas con seteiros en zonas periurbanas, un perigo público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo