Colectivos animalistas denuncian o continuo encadeamento de cans

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber denunciaron hoxe o encadeamento continuado de cans na provincia, a pesar de constituír unha práctica prohibida na Lei de Benestar Animal de Galicia de 2017, que pode chegar a ser sancionada con ata 5.000 euros, e accións accesorias como sería a inhabilitación para a tenza de animais durante un máximo de 5 anos.

Os animalistas sinalan que esta limitación permanente dos movementos xera un contexto de malos tratos físicos pero tamén psíquico, xa que os cans non son socializados e poden desenvolver condutas de agresividade por mor desta catividade extrema, polo que instaron á Xunta e aos Concellos a “aplicarse” e a facer aplicar a normativa galega. A través da páxina web www.sencadeas.info calquera persoa pode rexistrar casos de encadenamiento continuado de animais, onde mesmo se chegaron a dar situacións de cachorros de gato atados a troncos, unha práctica que evidencia o desprezo pola vida e a integridade dos animais, ademais dunha terrible sensación de impunidade.

Como solución FFW e LIBERA! propoñen que a Deputación, xunto cos municipios, desenvolvan campañas de sensibilización e prevención das malas prácticas para tratar de suplir a desidia institucional do goberno autonómico que, un ano despois da entrada en vigor da Lei, segue sen poñer os medios necesarios para combater prácticas como o encadenamiento permanente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo