Colectivos da cidade rexeitan a entrega de Medallas de Ouro aos alcaldes lucenses

Diferentes asociacións culturais e colectivos sociais do municipio de Lugo veñen de enviar un manifesto aos medios de comunicación rexeitando a entrega de medallas de ouro aos alcaldes que tivo a cidade dende a Transición; unha iniciativa que tomou o goberno local co fin de conmemorar, dende a cidadanía a todos os rexedores lucenses.

Segundo estes colectivos, non deberan recibir as medallas “alcaldes que se atopan investigados por corrupción ou que foron condenados de xeito firme”. Concretamente, poñen de exemplo a decisión do xulgado, que confirmou no mes de outubro o mantemento da imputación a López Orozo por “varios delitos graves contra a ordenación do territorio, prevariación, tráfico de influencias e falsidade documental” no Caso Garañón, así como a investigación aberta sobre o contrato da ORA.

Asemade, no manifesto enviado, lembran tamén que “outros dos alcaldes non reúnen as condicións mínimas para ser recoñecido pola súa labor á fronte do Concello”. Neste senso, nomean ao popular Tomás Notario Vacas, “o alcalde que máis patrimonio histórico e cultural de Lugo destruíu para favorecer a especulación inmobiliaria”, lembrando así o Convento das Salesas, o Seminario Menor ou edificio de Barras Eléctricas. Tamén poñen o foco por “destruir patrimonio histórico” a Vicente Quiroga quen, ademáis, chegou a ser condenado por sentenza firme por un delito de falsidade documental contra a Facenda Pública. Tamén destacan o derrubamento do Gran Teatro por Joaquín García Díez.

En palabras destes colectivos “estes alcaldes son exemplo da anteposición do negocio privado ao ben común e, polo tanto, claramente indignos un recoñecemento de bo facer democrático”.

Novas relacionadas

10 respostas

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Teresa Pacios Valin
    Nov 30, 2019 - 12:07 PM

    Xa cobraron polo seu traballo. Xa vale de gastar cartos dos ciudadanos de éxito superfluo. Hay moitos baratos onde metelos

    Reply
  2. Avatar
    Manuel Bujan Peon
    Nov 30, 2019 - 10:58 AM

    Sería moi bon saber quenes son os ditos “colectivos” e a quen representan, non vaia ser que haxa alguén “merecedor” de medalla e vaia quedar sin ela…

    Reply
  3. Avatar
    Luis Latorre Real
    Nov 30, 2019 - 10:12 AM

    Por cierto sería bueno saber quiénes son esos “colectivos”.

    Reply
  4. Avatar
    Luis Latorre Real
    Nov 30, 2019 - 10:08 AM

    La incultura de decir que García Díez “derribó” el Gran Teatro es muestra de poca memoria y muy mala leche.

    El Gran Teatro era privado y sus propietarios lo vendieron para hacer pisos, cosa que aunque no nos guste es perfectamente legal y el ayuntamiento no lo puede impedir.

    Así que menos soflamas y más verdad.

    Reply
    • Avatar
      Carlos Fernandez Peleteiro
      Nov 30, 2019 - 10:43 AM

      Luis Latorre Real. Creo que confunde vd. Churras con merinas, nadie habla de nadie ni de nada en concreto.

      Reply
    • Avatar
      Luis Latorre Real
      Nov 30, 2019 - 10:43 AM

      Le recomiendo leer la noticia antes de rebatir.

      Reply
    • Avatar
      Luis Latorre Real
      Nov 30, 2019 - 10:45 AM

      Se menciona a los cuatro alcaldes y a cada uno se le “acusa” de algo. A García Díez de derribar el Gran Teatro, una estupidez.

      Reply
    • Avatar
      Carlos Fernandez Peleteiro
      Nov 30, 2019 - 11:09 AM

      El fondo no son los cuatro de los que se habla. Es la noticia en sí. Quien es el concello para tomar tal decisión? Esta es la clave, hacen lo que quieren como y cuando quieren

      Reply
    • Avatar
      Luis Latorre Real
      Nov 30, 2019 - 02:23 PM

      O no me ha entendido o no me ha querido entender.

      En el manifiesto se acusa a Joaquín de algo que ni hizo él ni podía evitar. Usted niega que se le acuse de nada. Le reitero que si… Y en vez de decir “ah, pues tienes razón” me viene con esa salida tan extravagante.

      El Ayuntamiento de Lugo no decidió tirar el Gran Teatro y por mucho que usted insista es una mentira.

      Reply
  5. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 29, 2019 - 11:10 PM

    Moi ben, por que hai que alabar a ex alcaldes que foron unha lacra para a cidade é os ciudadans

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo