" />

Comeza a montaxe do busto de Xoán Montes na praza Maior

Durante o día de hoxe comezaron na praza Maior os traballos para a colocación do busto de Xoán Montes na praza Maior. Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas infórmase de que parte da praza maior permanecerá pechada mentres duren as actuacións. O edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, lembrou que “o proceso de colocación comezou no mes de marzo, coa realización de catas arqueolóxicas na nova ubicación, mais tivo que ser detido pola crise sanitaria do COVID-19”.

“A ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza Maior, o Círculo das Artes e a Catedral”, lembrou Alexandre Penas, que engadiu “o traslado faise por iniciativa de varios colectivos culturais de Lugo, e ten o obxectivo de resituar a figura do músico no centro de Lugo“.

O busto pasou por un proceso de restauración e limpeza por parte dun equipo especializado, no que se eliminou a suciedade das pezas de mármore e granito que compoñen a obra, mantendo as marcas de envellecemento propias da peza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo