Comeza “Comestibles” as merendas ao carón do Miño

Hoxe deu comezo Comestibles, as merendas saudables da rapazada lucense ao carón do Miño. 

Unha actividade que se realiza na contorna do río Miño, concretamente a carón da área recreativa de Os Robles e que pretende ser unha alternativa de ocio coa que facilitar a conciliación no seo das familias ao tempo que se fomenta entre a xuventude a creatividade e o respecto polo medio ambiente.

 Esta tarde, ao redor dunha vintena de nenas e nenos de entre 8 e 14 anos puideron desfrutar dunha xornada de lecer na que a boa alimentación se mesturou coas habilidades artísticas, de maneira que, ademais de merendar, as e os pequenos puxeron a proba a súa creatividade coa realización de gravados sobre torradas de pan nas que fixeron serigrafía con diferentes salsas e cremas. Tamén crearon historias cinematográficas en Stop Motion con distintos ingredientes, películas coas que posteriormente se fará un arquivo para a súa difusión.

 Comestibles foi posto en marcha polo Concello de Lugo a través de Europa Direct, da área de Desenvolvemento Local e Emprego, e trátase dunha acción totalmente gratuíta que ten, ademais, unha vertente de aprendizaxe e concienciación social ao respecto do coidado do planeta.

Desenvolverase durante o 3, 4 e 5 de xullo, en horario de 17:00 a 19:00 horas, seguindo as medidas de hixiene e seguridade así como as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias relativas á protección contra o COVID-19, de forma que se as e os participantes terán á súa disposición xel hidroalcohólico, gorras ou crema solar cos que se vela polo seu benestar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com