" />

Comeza o replanteo na Milagrosa para a adaptación do novo Plan de Tráfico

No día de hoxe comezaron os traballos de replanteo no barrio da Milagrosa para a adaptación do novo Plan de Tráfico. Segundo Rubén Arroxo, “esta actuación ten como obxectivo mellorar a circulación do tráfico e a seguridade viaria na zona”.

Rubén Arroxo anunciou que as rúas Xulia Minguillón e Mallorca cambiarán de sentido “creando así unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario”.

Na Avenida da Coruña, modificarase o acceso á praza Agro do Rolo, a través dunha nova incorporación, a cal agora está habilitada provisionalmente para os buses urbanos. Ademais, Rubén Arroxo indicou que noutras rúas mudarán o sentido da circulación.

Desde a área de Mobilidade lembran á veciñanza que mentres se realicen os traballos poderán establecerse limitacións na circulación do tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo