O Comité Electoral dos socialistas lucenses de novo en acción

O PSOE da Provincia de Lugo xa arrancou coa planificación da campaña electoral para os vindeiros comicios xerais. O primeiro paso foi nomear ao Comité Electoral, que é o responsable de coordinar a campaña. Está integrado por 17 socialistas de todas as idades e en representación de toda a provincia: Luis Angel Lago Lage, Eduardo Vidal Baamonde, Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Sabela Sanjurjo, Óscar De la Parte, Mayra García ou Rodrigo Pavón, entre outros compañeiros.

O seguinte paso foi definir a campaña. Esta basearase en encontros veciñais, en pequenos actos e no “porta a porta”, é dicir, na busca da máxima proximidade cos cidadáns co obxectivo de abordar, conxuntamente, as súas necesidade, así como as resposta que os socialistas lles ofrece ás mesmas o seu proxecto galego.

Os socialistas queren seguir mantendo encontros veciñais, segundo declararon algo que xa estaban a facer dende o nomeamento da xestora provincial. Un dos seus primeiros froitos foi o incremento de militantes, que “segue a medrar de xeito significativo”.

Os responsables provinciais do Psoe destacaron que a política de proximidade dos socialistas na provincia de Lugo levounos “a organización e celebración de xornadas informativas sobre cuestións que afectan e preocupan aos lucenses.  Por exemplo, sobre o catastro, sector lácteo, servizos sanitarios, Lei do Solo, PXOM, situación das infraestruturas”… Isto serviu, ademais, “para incrementar a colaboración con todas as agrupacións locais do PSOE na provincia de Lugo, pois tras estas xornadas os socialistas puideron informar aos veciños dos seus respectivos Concellos e levar aos Plenos municipais mocións sobre estas cuestións en clara defensa dos intereses dos cidadáns”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com