Comunicado do Foro Feminista de Lugo polo 8M Día Internacional  da Muller

O 8 de marzo de 2024,  día Internacional  da Muller, o Foro Feminista de Lugo convoca á cidadanía á lectura do seu manifesto ás 20,30h  diante do Concello.

Concentrarémonos ás 19, 30 na Porta Falsa.

Lembramos a loita das mulleres que nos precederon e para defender a axenda feminista, a denuncia da violencia contra das mulleres que ten nos feminicios o seu máis alto alcance, 1 asasinato dunha  muller cada 3  días no ano 2023 e a violencia sexual que aumenta dun xeito insoportabel.

Somos abolicionistas da prostitución, da pornografía, dos ventres de aluguer e do xénero. O feminismo é internacionalista e ningunha tradición está por riba dos nosos dereitos. Neste día internacional  denunciamos o xenocidio que padece  Palestina sen esquecer o sufrimento das  mulleres que viven baixo rexímenes opresivos.

ESIXIMOS

  1. Políticas públicas contra a fenda salarial
  2. Contra a cultura da violación . Lei abolicionista do sistema prostitucional e da pornografía.
  3.  Uns servizos públicos de calidade.
  4. A anulación da Instrución de 5 de outubro de 2010 que permite a filiación dos nacidos por explotación reprodutiva.
  5. Dotación adecuada da rede de Centros de Información á Muller na nosa provincia
  6. Creación dos centros de crise 24 horas xa dotados orzamentariamente.
  7. Que os recursos do Pacto de Estado sexan investidos na loita contra as violencias machistas.
  8. Coeducación e ensino afectivo sexual.
  9. Retirada dos artigos legais, protocolos e proxectos de lei que establezan a autoidentificación rexistral de sexo.
  10. Creación dun Xulgado específico de Violencia de Xénero en Lugo.

Fátima Pérez Calderón

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com