O Concello celebra a primeira gala Corre con Nós

O Goberno de Lugo celebrou este sábado, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a primeira gala do Circuíto Larsa Corre con Nós. Esta é a primeira vez que ten lugar este acto, no que se rende homenaxe aos que fan grande a esta emblemática proba deportiva luguesa: toda e todos os deportistas. A gala deu mostra da boa saúde do deporte na cidade de Lugo.

Os Concelleiros de Deportes e Medio Rural, Desenvolvemento Sostible e Persoal, e Educación e Infraestruturas Urbanas, Miguel Fernández, Daniel Piñeiro e Manuel Núñez, respectivamente, e a edil de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, foron os encargados de entregar os distintos premios e diplomas nunha cita na que tamén tivo cabida a música.

O actor Alberte Cabarcos conduciu esta primeira gala, na tamén participaron representantes de distintos grupos da Corporación Municipal, así como os representantes dos distintos patrocinadores do circuíto, que ano tras ano apoian esta proba, e sen os cales o éxito da proba non sería o mesmo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com