O Concello convoca o concurso de fotografía #LugoEnNegro

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, anunciou esta mañá a convocatoria do concurso de fotografía Lugo En Negro, unha acción que ten como obxectivo premiar a promoción e difusión da campaña En Negro Contra As Violencias, das persoas seguidoras das redes sociais do Concello de Lugo en Facebook e Twitter, tanto o de Cultura e Turismo como o de Desenvolvemento Local. Trátase de facer visible a protesta contra as violencias machistas tinguindo de negro tamén as redes sociais.

Tal e como avanzou a edil, para participar é necesario seguir ás páxinas de Cultura e Turismo Lugo e Desenvolvemento Local Lugo, no Facebook, e aos perfís @lugoturismo e @desenvolvelugo no Twitter. Débese subir ao perfil persoal unha fotografía na que saia material da campaña En Negro Contra As Violencias, usando o hashtag
#LugoEnNegro na publicación de dita fotografía. Só será válida unha fotografía por perfil.

A data de participación é dende mañá sábado, 18, ao 26 de novembro. O concurso consta de 4 premios, en forma de camisetas Contra As Violencias asinadas, unha polos xogadores do Breogán, outra polos do CD Lugo, unha terceira
polos do Ensino e unha cuarta e última, do Emevé, todos eles clubes implicados nesta campaña.

A maiores irán acompañadas dun lote de libros cedido pola Deputación de Lugo, organismo que lidera esta campaña a nivel provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo