Concello e Deputación súmanse en Santiago á campaña ‘En Negro’

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, asinaron este mediodía, no Pazo de Raxoi, o protocolo da campaña En Negro Contra a Violencia, á que se sumou un ano máis a entidade local e a provincial luguesa, xunto con outros concellos, un total de 75, 14 deles da provincia luguesa, e a Deputación de Coruña e Pontevedra, para sensibilizar á cidadanía contra a violencia machista, a través da coordinación entre institucións diversas de diferentes cores políticas.

Durante o acto, que comezou cunha foto de familia na praza do Obradoiro, a alcaldesa amosou a súa “ledicia” porque “cada ano somos máis demandando unha sociedade igualitaria”, e reivindicou o feminismo como “unha ferramenta que se creou para loitar contra a desigualdade e o machismo”. “Son muller e son feminista”, continuou, ao tempo que facía fincapé na máxima expresión da desigualdade, a violencia, en todas as súas expresións, dente o control, aá posesión ou ao maltrato.

Méndez tomou man das cifras, 830 mulleres asasinadas en 13 anos, 1 de cada 4 mozos que aceptan a violencia con normalidade, para explicar “en que en algo estamos fallando como sociedade”, ao tempo que pediu máis orzamento para a materia e aplicar a lexislación. Na súa intervención, a Alcalcesa chamou á prevención desta lacra social a través da educación, da que é bo exemplo esta campaña, para paliar a violencia machista e conseguir unha sociedade igualitaria.

Pola súa banda, Sonsoles López subliñou “que é un orgullo e unha responsabilidade poder liderar esta campaña na provincia de Lugo, á que están adheridos, na actualidade, 14 Concellos lucenses, aos que quero agradecer o seu forte e decidido compromiso na loita contra a violencia machista así como a tódolos establecementos hostaleiros e comerciais, asociacións, entidades colectivas e persoas individuais que colaboran e participarán da campaña. A violencia de xénero constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres que demostra a
desigualdade existente entre xéneros. É un problema que traspasa fronteiras e contra o que temos que loitar todos xuntos e que debe ser unha prioridade para todas as administracións, que ademais, ten que ir acompañada de medios económicos e dunha lexislación forte, que protexa os dereitos e liberdades de todas as mulleres”.

Neste senso a Deputada de Benestar e Igualdade remarcou que “para empezar debemos acadar unha comprensión do problema que debe pasar por deixar de responsabilizar á muller, á vítima, e enfocarse dunha vez no agresor. Por desgraza, as políticas que se están a levar a cabo demostran que son insuficientes cando non, nocivas. A cosificación da muller, o paternalismo, pretender colocar á muller por riba dos demais tan só coma unha homenaxe oportunista, alónxanos da realidade do problema e do obxectivo de igualdade que perseguimos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com