Concello e Xunta traballan xuntos para “atender ás necesidades do ensino de Lugo”

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento de Lugo vén de reunirse coa Secretaria Xeral de Educación da Delegación Territorial da Xunta para, segundo indicou o edil, “establecer canles de comunicación entre ambas institucións e así mellorar a atención que estamos a dar á comunidade educativa de Lugo”.

O nacionalista trasladou o seu compromiso de “dar atención ás necesidades dos centros educativos do Concello”, e pediu á Xunta “a mesma implicación neste asunto”. “As solicitudes dos centros de ensino que o Concello non pode asumir foron tamén outro dos temas a tratar nesta xuntanza”, declarou o concelleiro, que resaltou outros asuntos a tratar como “o uso que lle estamos a dar ás instalacións educativas”. A este respecto, o Goberno local anunciou o compromiso da Concellería de Educación para “traballar en permitir que os pavillóns se poidan usar fóra do horario lectivo como espazo de lecer”.

Outra das reivindicacións que o membro da corporación local fixo chegar á Consellería nesta xuntanza foi a situación dos comedores escolares. “O Concello está a facer un importante esforzo económico para que as familias lucenses poidan contar con este servizo que facilita enormemente a conciliación familiar”, declarou o edil nacionalista, e engadiu “esiximos á Xunta de Galicia que aumente a súa colaboración para un servizo que no último ano foi usado por máis de 600 nenas e nenos, e para o que está a aportar actualmente menos dun 7%”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com