" />

O Concello poda máis de 1.500 árbores da cidade

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou esta mañá na Praza da Constitución as tarefas de poda do arboredo existente que está a realizar o Concello en preto de 1.600 árbores da cidade, das que unhas 900 están distribuídas polas rúas e 650 atópanse nas zonas verdes.

Tal e como lembrou Daniel Piñeiro, os traballos, que xa se realizaron na carballeira de Fingoi, comezaron esta semana polo casco histórico, e nos vindeiros días continuarán polas prazas Campo Castelo, Maior e Soidade, ademais das rúas Armanyá e Lois Peña Novo. Para estas tarefas está destinado un equipo de catro operarios cun elevador. As tarefas de poda continuarán polas avenidas de Ramón Ferreiro e Fontiñas, entre outras. Para realizar estes traballos, a entidade local conta ademais con outro equipo manual conformado por tres operarios, que acometen a poda das árbores situadas nas rúas da cidade e que xa acondicionaron o arboredo das rúas Río Lor, Portugal, Río Ulla, ou Irmáns Carro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo