19,30 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, intervirá mediante videoconferencia na mesa multilateral de Alcoa San Cibrao. Na sala de xuntas da Consellería (edificio administrativo de San Caetano, 4º andar). foto xoán crespo 27/07/2020

Conde: “A Xunta traballa ao carón do tecido empresarial para facilitar que o Ceao recupere a súa actividade canto antes”

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que “a Xunta de Galicia traballa ao carón do tecido empresarial de Lugo para facilitar que o polígono do Ceao recupere a súa plena actividade canto antes”.

Así o recoñeceu o conselleiro quen explicou que a inmediata reacción dos equipos de extinción, o inicio dos traballos de investigación, as mostras de responsabilidade e compromiso das empresas e a disposición do Goberno galego para colaborar en todo canto sexa preciso, “permite albergar esperanzas de que pronto se recuperará a actividade nas naves afectadas”.

O vicepresidente económico tamén puxo en valor a coordinación e a colaboración demostrada por todas as administracións desde que se produciu o incendio e facendo un chamamento a seguir traballando xuntos para devolver a normalidade ao polígono do Ceao e ás empresas e familias afectadas.

Segundo dixo, a Xunta está á súa disposición, tanto para asesorar en materia de seguros, como para garantir circulante e préstamos mentres non se executan as pólizas dos seguros. Tamén para colaborar na planificación á hora de reconstruír as naves e no financiamento, unha vez que os proxectos se vaian definindo. É dicir, a Xunta de Galicia, abondou, fará ese labor de acompañamento, ofrecendo a súa colaboración permanente para que o polígono recupere a súa actividade e emprego.

Neste sentido, subliñou que a Administración autonómica está sempre atenta a xogar un papel fundamental no apoio e defensa do tecido produtivo e do emprego e, máis, en situacións de emerxencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com