" />

Condutas perigosas

En Lugo está o tráfico de actualidade pola limitación a 30 por hora en boa parte da cidade e pola conversión en peonil doutro tramo da Ronda da Muralla, seguindo o proceso de retirar os vehículos do centro, que non discuto porque a primacía peonil sobre os motores é, con matices, incontestable.

Todo isto asentará, e xa o está facendo, sen alteracións importantes, porque en xeral os involucrados na circulación somos conscientes da responsabilidade que comporta.

En xeral, a ninguén se lle ocorre ir a velocidade excesiva, circular por dirección prohibida ou facer manobras perigosas que poidan provocar accidentes. Pero non todos os involucrados no tráfico actúan igual, agora que os patinetes reduciron a súa presenza e que as bicicletas harmonizan a súa circulación coas vías que se lles están habilitando. Por iso debe preocupar o comportamento dos condutores de algunhas motos de reparto que en calquera momento poden ter ou causar problemas.

Teño a experiencia de cando hai uns días no Camiño Real puxen a intermitente dereita para torcer pola rúa do Prado, e no momento da manobra me adiantou pola dereita como unha exhalación unha moto de reparto á que non levei por diante por unha fracción de segundo.

Haberá motoristas repartidores que respectan as normas, e non chaman a atención. Si a chaman os que circulan polas beirarrúas ou por direccións prohibidas; os que se encaixan entre os vehículos parados nun semáforo para ignoralo ou saír o primeiro, ou os que adiantan pola dereita a un vehículo que indica desvío cara ese lado. En xeral, o tráfico ben, grazas. O malo son as condutas perigosas que poden ter ou dar un desgusto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo