Conmemoración do Día Mundial do Autismo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, xunto con representantes doutras forzas políticas e representantes das asociacións Raiolas e Capaces, xunto con decenas de persoas, conmemoraron este sábado o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

As actividades arrincaron ás 11:30 horas na Praza de San Marcos, onde se descubriu o pictograma que elaborou Raiolas para identificar o Pazo Provincial e se presentou a iniciativa Xantar Solidario, mediante a cal 17 establecementos lucenses ofrecerán durante o mes de abril xantares cuxos fondos se destinarán ao impulso da actividade de dita asociación. Na mesma praza de San Marcos, nos mupis, proxectouse durante todo o día o vídeo da Fundación TIC sobre o labor que desempeñan Raiolas e Capaces.

A continuación, ás 12:30 horas, toda a comitiva, con ducias de familias de Raiolas e Capaces, fixo un percorrido polo adarve da Muralla, dende a Praza de Ferrol ata a Catedral. Finalmente, leuse un manifesto diante do Consistorio lugués.

Para celebrar esta data, o Concello e a Deputación engalanáronse cun lazo e globos azuis, que tamén luce a Muralla. Pola noite, tanto a Muralla como as instalacións provinciais alumearanse con luces azuis.

Máis actividades

Ao longo do día, na cidade de Lugo houbo mesas informativas, concretamente, nas rúas Bispo Aguirre e a da Raíña, nas que se ofreceu información sobre o autismo. Tamén se levou a cabo a campaña Píntate de azul polo autismo coa que ducias de persoas pintaron na meixela corazóns ou puzzles azuis en mostra de apoio. O Centro Comercial das Termas acollerá o peche das actividades esta tarde cun flashmob.

17 establecementos

Os 17 establecementos que ofrecerán xantares solidarios son: España, San Marcos, Porta Santiago, Xoldra, Brisas, Fiordilatte, Os Tilos, O Mercado Street Food; Canela Bakery Coffee; Os Cachivaches; Bríos; Lúa; La Encina, Millenium, O Cunqueiro, Metropolis ou La Ideal.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com