" />

A Consellería de Medio Rural achega máis de dezaseis millóns de euros para modernizar as producións agrarias

A Consellería do Medio Rural apoiou a 280 titulares de explotacións agrarias lucenses achegando axudas que superan os 16 millóns de euros, destinadas a modernizar as súas producións a través dos plans de mellora. Dáse a circunstancia de que a provincia de Lugo recibe case a metade destas axudas, o que supón un 45%  do total de Galicia.

Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, quen indicou en rolda en prensa, que “os beneficiarios son agricultores, gandeiros e produtores avícolas, de 47 concellos lucenses, que reciben unha axuda media de cincuenta e oito mil euros, e que poderán destinar a financiar, os investimentos materiais e inmateriais, que supoñan unha mellora ou un reforzo ao rendemento global da súa explotación”.

No que compete á provincia de Lugo, os plans de mellora beneficiaron a 170 sociedades agrarias ou cooperativas, 79 homes e 31 mulleres. Balseiro afirmou que estas achegas teñen como obxectivo fundamental dinamizar o tecido económico e social do agro e procurar a súa maior competitividade, a través de melloras na xestión.

Ademais, José Manuel Balseiro, anunciou que este mes de febreiro sairá unha nova convocatoria cun orzamento de 65 Millóns de euros que serán destinados  a axudas de Plan de Mellora, a incorporación de mozos e mozas e a pequenas explotacións.

Por outro lado, Balseiro fixo tamén unhas declaracións sobre o paso do AVE por Galicia, e tildou de “positivo o traballo que está facendo o presidente da Xunta de Galicia ao reunirse co Goberno de España”.

Tamén destacou, o delegado territorial, a renovación do compromiso sobre o acceso da provincia de Lugo á alta velocidade ferroviaria. No tocante as estacións intermodais, Balseiro afirmou que “xa se acordou licitar as obras como proxectos conxuntos coa Xunta de Galicia e impulsar este ano 2017 esas licitacións. Balseiro asegurou que van a traballar nesa liña e que van cumprir cas licitacións”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo