Consolídase o descenso de casos e contaxios de Covid na provincia mentres aumenta a presión hospitalaria

Logo de varias xornadas xa se pode falar dunha consolidación do descenso que se viña dando tanto en casos activos coma en positivos Covid detectados. Así o revela o último rexistro do SERGAS realizado ata as 6 da tarde de onte e no que se amosa un significativo novo descenso dos contaxios.

Así, malia que a baixada non resulta tan notable como en días anteriores, o certo é que no relativo a casos activos Lugo chega hoxe aos 1721, 46 persoas menos que na xornada anterior. Este é o resultado das 100 novas altas recibidas por pacientes covid nas últimas 24 horas e o descenso de positivos detectados por probas diagnósticas que no día de onte foron 41, nove menos que as detectadas o domingo. 

Con todo este descenso que se vén repetindo nas últimas xornadas non é suficiente para frear a presión asistencial que, pola contra, sigue en aumento día tras día, chegando, nas últimas horas a rondar o centenar de pacientes ingresados entre as plantas de hospitalización dos hospitais da provincia e as unidades de críticos. 

Así, desglosando esta cifra, observamos como 72 persoas permanecen en planta e 26 recupéranse nas UCIs. Por hospitais, o HULA amencía hoxe 42 en planta e 24 na UCI o que supón 4 pacientes menos en total. Asemade, o Hospital da Costa rexistraba ás 6 da tarde de onte 4 ingresos máis en planta, chegando aos 10 pacientes en unidades asistenciais e 2 na UCI. Por último, o Hospital de Monforte suma un paciente covid e chega ata os 20 ingresados en planta.

Por último, na xornada de onte houbo que lamentar un novo falecemento, a vítima 194 do virus na provincia. Trátase dunha muller de 99 anos que finaba onte na residencia de Sarria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com