Continúa a baixar o número de positivos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Comeza a estabilizarse os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo que segundo os datos facilitados pola  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade son 772, 23 menos que onte.

En canto ao total de casos activos en Galicia o número é de 4.301 deles 1.246 son da área da Coruña, 772 da de Lugo, 503 da de Ourense, 552 da de Pontevedra, 373 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 220 en unidades de hospitalización e 4.051 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.651 persoas curadas, rexistrándose 694 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 86 anos, que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas. Asemade hai que lamentar o falecemento na madrugada deste martes dunha muller de 99 anos na residencia Domus Vi de Outeiro de Rei.

O número de PCR realizadas é de 401.119.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com