" />

Continúa a recollida de sinaturas da campaña ‘Lugo quere tren’

O BNG continúa hoxe coa campaña Lugo quere tren, colocando unha mesa de recollida de sinaturas na rúa da Raíña  partir das 17:30. O responsábel local do BNG explicou que “continuamos coa entrega de bandeiras e pegatinas para que as veciñas e veciños de Lugo poidan mostrar o seu apoio á campaña e reclamar un tren digno para Lugo”.

O BNG entregará bandeiras para colgar dos balcóns e pegatinas para coches a todas as veciñas e veciños que se acheguen a recoller información sobre a situación actual do transporte ferroviario en Lugo e as alternativas do BNG para melloralo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo