Continúa aberto o prazo de inscrición para ‘Florecendo-retratando a natureza’

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, avanzou que aínda quedan prazas dispoñibles para as próximas actividades medioambientais gratuítas que se levan a cabo no Centro de Interpretación das Terras do Miño. Trátase da actividade Florecendo- retratando a natureza, un curso fotográfico que se celebrará o vindeiro 25 e 26 de maio, o sábado en horario de 10:00 a 14:00 horas e o domingo de 11:30 a 12:30 horas. A actividade é de carácter gratuíto e ten límite de prazas podendo asistir ata 12 alumnos.

O curso de fotografía trata de retratar a natureza coa emoción da luz, aportando conceptos teóricos para o perfeccionamento do uso da cámara e lentes, as regras da composición e o encadre na fotografía. A actividade dividirase nunha parte teórica e outra práctica con avaliación final dos traballos realizados polos participantes e selección para exposicións, os asistentes deberán levar a súa propia cámara e trípode, en caso de telo.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982 227 813 para obter máis información. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo