" />

Continúa aberto o prazo para inscribirse nos cursos de piragüismo do Club Fluvial

O Club Fluvial de Lugo, en colaboración coa área de Deportes do Concello de Lugo, segue adiante coa celebración dos cursos de iniciación ao piragüismo, que este verán celebraron a súa edición número 19.

De feito, no que vai de verán un total de 63 lucenses participaron nesta actividade, aberta a todos os lucenses maiores de 8 anos, na que aínda queda algunha praza para tomar parte nos cursos da segunda quincena de agosto e a primeira de setembro.

Dende o Club sinalan que “O covid non prexudicou a participación nestes cursos de piragüismo; ademais de ser unha disciplina que se practica ao aire libre, a maioría rema en K1 e algún en K2, aínda que neste tipo de embarcacións mantéñense as distancias dun metro e medio. Unha vez conclúe cada curso, o material empregado é limpado e desinfectado, o que tamén contribúe a garantir en todo momento a seguridade dos usuarios”. Cada día desenvólvense varios grupos de 10 ou 15 persoas, dependendo das idades, atendidos por dous monitores.

Para inscribirse nalgún dos cursos dispoñibles en agosto e setembro é necesario ter máis de 8 anos, saber nadar, e poder remolcar unha piragüa a 50 metros da beira. Desde o club lucense animan de forma especial aos máis pequenos a iniciarse na práctica deste deporte, xa que poden converterse en futuros integrantes do equipo de piragüismo do club, tal e como ocorre actualmente con moitos dos membros do equipo de competición do Fluvial. Para o adecuado desenvolvemento destes cursos, o Fluvial pon ao dispor dos participantes as súas instalacións, así como as piragüas de iniciación e competición; os medios de seguridade e chalecos salvavidas, ademais da experiencia dos adestradores. Todos aqueles interesados en inscribirse deberán acudir ás oficinas do Club Fluvial de Lugo para encher a correspondente solicitude e achegar a documentación necesaria para realizar, entre outros trámites, a licenza federativa.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Ago 09, 2020 - 09:37 PM

    Cando vexo estas imaxes de un clube privado, e coñecendo a dispoñibilidade que ten o Psoe do concello en colaborar/financiar co mesmo o que alí faga falta, penso que mentres os socialistas teñan maioria no concello, Lugo nunca terá praia fuvial. Ou mete man nese tema o bng, ou vamos apañados.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo