Continúa o programa “O que Queda de Verán” no Vello Cárcere

Continúa no patio do Vello Cárcere o programa de animación infantil “O que Queda de Verán”. Na tarde de hoxe, realizouse un obradoiro de globoflexia e contouse coa actuación de Cozorellos Salvaxes, grupo musical infantil que ten como principal obxectivo entreter e facer pedagoxía contra a homofobia e o racismo. A través das súas cancións, maniféstanse a favor do feminismo e da diversidade.

O vindeiro xoves, realizarase un obradoiro de traballos manuais de temática circense e actuará Martiña Soñadora, con Sabela King e Carlos Gil, onde os nenos e nenas bailarán, aprenderán das músicas e gozarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues con fermosas letras en galego e incluso en francés.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo