" />

Continúan as sancións á establecementos por incumprir o limite de horario establecido

Na madrugada de hoxe efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron unha inspección nun local de hostalería da rúa Pintor Villamil onde se levanta acta de infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas por exceder, no exercicio da actividade, o límite horario establecido. O responsable do establecemento enfróntese a unha sanción por infracción grave de multa de 301 a 30.000 euros e suspensión ou prohibición da actividade por un período máximo dun ano.

Así mesmo na inspección realizada no establecemento detectouse que unha camareira estaba a traballar sen contrato de traballo ou relación laboral polo que se levanta acta por infracción á normativa de Seguridade Social para a súa posterior remisión á Inspección de Traballo.

Asemade, efectivos da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, acoden sobre as 22:30 horas do 30 de xuño á avenida de Fontiñas onde se produciu un accidente de circulación. Os compoñentes do equipo á chegada ao lugar observan que un vehículo, ao virar para introducirse no garaxe dun dos edificios, causa danos a outro que se atopaba estacionado, presentando o condutor signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

Logo de ser sometido ás probas de detección alcohólica arroxou un resultado de 0,94 mg /l preto de catro veces máis do permitido, polo que se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo