Controlado un incendio declarado nunha granxa en Sarria

Esta tarde quedaba controlado o incendio declarado nunha granxa de polos e que se extendeu a unha casa situada no concello lucense de Sarria. Concretamente, o suceso rexistrouse no lugar de Lezoce, na parroquia de Veiga.

Unha muller sufriu queimaduras nas mans cando tentaba apagar as lapas. Efectivos do 112 puxeron estes feitos en coñecemento de Urxencias Médicas, que decidiu mobilizar ata o punto unha ambulancia. A esta hora, indican, aínda non se puido facer unha avaliación dos danos.

Foi un particular o que alertou desta situación contra as cinco e media da tarde. Indicou que o lume comezara na granxa e se estendeu á vivenda colindante. Explicou tamén que no interior da granxa non había animais porque estaba previsto que chegasen hoxe.

O persoal do 112 Galicia informou aos Bombeiros de Sarria e á Garda Civil, que enviaron ata o punto senllas dotacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com