Contundente derrota do CD Lugo ante o CD Mirandés

O encontro arrincaba equilibrado por parte dos dous equipos. Milla repetía esquema con dous dianteiros, Caballero e Pereira e con catro homes na línea medular. Primeiros minutos con moita igualdade e cun CD Mirandés presionando moi arriba para evitar unha saída de balón ordenada por parte dos locais.

Os de Milla iban a rozar o gol en dúas ocasións claras, tras dúas xogadas de velocidade, unha Campillo nun remate ao corazón da área e a continuación era Pereira quen ía obrigar ao guardameta do Mirandés a evitar o tanto. Pero pese ao protagonismo dos locais e a súa iniciativa, sería o CD Mirandés o que lograba adiantarse no marcador nos últimos minutos da primeira parte.

O segundo tempo comezou cun Lugo enfrascado na súa pelexa por abrir unha zaga armada e reforzada polo mediocampo rival, o que lle ía axudar a tomar a dianteira e que ía atopar o seu premio nunha acción brillante de Iriome que remataba un pase cruzado de Ferreiro.

Sen embargo a alegría ía durar pouco para os locais, xa que acto seguido Abdón Prats lograba bater a José Juan e facía o segundo para os locais.

A partires de aquí, e en tan so tres minutos o CD Mirandés marcou dous goles que sentenciaron o encontro o que sitúa aos burgaleses en postos de ascenso e ao Lugo en centrarse no próximo partido ante a UD Almería.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com