Convocado para o vindeiro martes o Pleno sobre a rede de centros de atención a maiores

O Presidente da Deputación, José Tomé, decidiu convocar para o vindeiro martes, 20 de agosto, ás 11.00h, o Pleno extraordinario solicitado o venres pasado polo Partido Popular sobre a rede de centros de atención a maiores; deste xeito, a sesión celebrarase unha semana despois do rexistro da petición. José Tomé subliñou que “Fronte ao intento de manipulación do Partido Popular, o Goberno responde con máxima transparencia e información aos Concellos e aos veciños para evitar que os enganen”.

José Tomé sinalou que “como fixo dende o primeiro momento e en virtude do acordo de Goberno acadado entre PSdeG e BNG, o Executivo provincial garante o cumprimento de todos e cada un dos compromisos adquiridos cos Concellos ata a actualidade en materia de construción e posta en marcha de residencias, ao tempo que reafirma que non se formalizará ningún novo. Ao mesmo tempo, intentarase, a través do diálogo e a colaboración institucional, que a comunidade autónoma se faga cargo desta competencia”.

O Presidente puxo tamén de relevo que “o PP nin sequera lle deu un mes ao equipo de Goberno, dado que tomou posesión o 18 de xullo e o 9 de agosto xa estaba facendo a solicitude dun Pleno extraordinario, ademais sobre un plantexamento irreal, dado que o Goberno da Deputación nunca fixo as afirmacións que dixo a voceira dos populares, Elena Candia en relación coas residencias”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo