A Corporación Municipal garda un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero

A Corporación Municipal gardou este luns un minuto de silencio na Praza Maior polas últimas tres vítimas do terrorismo machista, asasinadas esta fin de semana en Santiago, Vigo e La Pobla de Mafumet (Tarragona). Nesta concentración tamén participou o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente este terrorismo, e amosan a solidaridade coas familias e amigos de todas as mulleres asasinadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo