Corte de tráfico na rúa Castelao

Maña luns 18 de abril e ata o martes 19, estará cortada ao tráfico a rúa Castelao,  dende a Ronda da Muralla, en sentido descendente, por mor das obras de asfaltado da ronda.

Debido a este corte de tráfico, a parada de bus urbano situada fronte ao número 68 de dita rúa será trasladada temporalmente fronte ao inmoble número 5 da rúa Miguel de Cervantes.

O Concello de Lugo realiza estas actuacións de mellora nesta vía en varias fases para poder garantir a mobilidade, tanto de vehículos como de peóns. Deste xeito, estableceranse 3 tramos, o primeiro entre a Rúa San Roque e a metade da Praza Asturias, o segundo entre a outra metade da Praza Asturias e a Avenida da Coruña e un terceiro entre a Avenida da Coruña e a Praza Bispo Odoario.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com