Cos 45 novos positivos das últimas horas 24 en Lugo a cifra acada os 289

Un día máis seguen medrando os casos en Lugo, nas últimas 24 horas os novos positivos por Covid-19, foron 45 polo que o números de infectados acada a cifra de289. Nas UCI dos distintos hospitais de Lugo e provincia permanecen  11 persoas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta. informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.476, deles 807 son da área da Coruña, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Do total de doentes positivos, 134 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos. Os ultimos falecementos corresponden a unha muller de 86 anos, e dous varóns de 89 e 79, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

O número de PCR realizadas é de 16.118.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com