" />

Cristina Pérez se presenta como candidata a encabezar as listas de Lugonovo

A  actual portavoz municipal de Lugonovo, Cristina Pérez Herraiz, anunciou hoxe a súa presentación ás primarias da agrupación, optando así a encabezar a lista electoral nas municipais do vindeiro ano.

As 307 persoas inscritas na plataforma cidadá teñen agora a oportunidade de avaliar a súa candidatura baixo a forma de referendo nunha votación que se desenvolverá ao longo do mércores 26 de setembro. Cristina Pérez, logo de tres anos exercendo a representación cidadá no Concello, presenta así a súa candidatura para optar á alcaldía de Lugo. A portavoz municipal afirma que é necesario que Lugonovo canalice a voz da veciñanza descontenta co actual estado da cidade “porque un Lugo máis accesible, máis sostible, onde sexa máis fácil vivir e convivir, é posible e tamén necesario”.

Finalmente, a candidatura de Pérez Herraiz será a única que concorra nesta primeira fase das Primarias. Isto significa que a votación tomará a forma de referendo con tres posibilidades para as tres centenas de inscritas e inscritos: a favor, en contra e en branco.

Cristina Pérez, é a actual voceira da formación no Concello, logo de que o voceiro electo polos inscritos na plataforma, Santiago Fernández Rocha, deixou o seu cargo de edil para retomar as súas labores como profesor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo