" />
limpeza desfinfección contenedores

Cs: “A xestión do lixo é un auténtico despropósito”

O concelleiro de Cs Lugo Juan Vidal-Pardo censurou esta mañá a xestión do Goberno co servizo de recollida de lixo. “Este novo recurso, que por previsiblemente non é menos problemático, dános de novo a razón e constata unha vez máis que todo o Goberno, desde o concelleiro de Medio Ambiente pasando pola responsable da área de Contratación ata a alcaldesa estiveron enganado descaradamente aos lucenses. As hemerotecas están aí para algo”.

O da formación laranxa, lembra como a finais de decembro, o Goberno local anunciou “sen ningún pudor” que o servizo comezaría a funcionar “de forma inminente”.

“Por facer anuncios grandilocuentes o lixo non vai desaparecer soa dos contendores e a salubridade da nosa cidade non vai mellorar. A pesar de toda a propaganda que dedican a vender unha xestión verde, sostible e respectuosa co medio ambiente a crúa realidade é que vivimos nunha cidade que non ten capacidade para reciclar, carecemos de puntos de recollida de aceites, baterías e non dispoñemos do quinto contedor para a materia orgánica. A xestión é lamentable e o único responsable deste calamidade é a rexedora”, asegurou.

“As présas do Goberno local sumiron ao Concello nunha maraña legal que será longa e que ten como consecuencia inmediata que Lugo continúe cun servizo de recollida de lixos en precario e coas rúas e barrios da cidade máis sucios que nunca. A situación actual é a culminación dun proceso que se levou mal desde o principio, con pouca seguridade xurídica e condicionado polas présas froito do seu inacción política ao empezar o proceso de licitación con anos de atraso. Non é de recibo que o PSOE teña a pouca vergoña de presumir dunha adxudicación que non é efectiva catro meses e que para nada esta solucionando o problema que se vive na rúa”, sinalou o edil da formación laranxa.

“A salubridade pública está comprometida como consecuencia da falta de interese evidenciada polo PSOE ao que non lle importou estar desde 2017 co contrato caducado. O peor de todo é que carecen dun Plan B. En repetidas ocasións denunciamos que a cidade esta sucia. Existe un déficit importante de puntos de recollida. É clamoroso que ao longo do último ano repuxéronse menos de 30 contedores dos máis de 3.500 que hai no municipio e a compra de 200 novos contedores por parte do Goberno está a demostrar ser é de xeito evidente insuficiente. Isto está a xerar continuos episodios de malos cheiros en practicamente todos os barrios da cidade. Con todo, no canto de solucionar cada problema con respostas concretas usan o concurso para tapar a súa nefasta xestión e presumen dunha adxudicación que non é tal. Carecen dun plan b para este itinire que se prevé longo. A súa incapacidade para actuar é o que ten á cidade sucia e degradando a súa imaxe semana tras semana”, concluíu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. REINALDO VALLEJO DUQUe
    Xuñ 05, 2022 - 02:31 PM

    Me interesa

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo