" />

Cs advirte das perdas de axudas e subvencións polo atraso na remisión da Conta Xeral de 2017

A portavoz do grupo municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, asegurou esta mañá que o “descomunal” atraso na remisión da Conta Xeral de 2017 pode carrexar un innegable prexuízo económico para as arcas municipais. “En marzo de 2019 aprobouse a Conta Xeral do 2017 cando a data límite para levar ao pleno este trámite é o 1 de outubro do ano anterior. Segundo o artigo 212 do Texto Refundido das Facendas Locais, a non remisión da Conta Xeral en tempo ao Consello de Contas, ten consecuencias importantes non eido do financiamento municipal”, sinalou a portavoz da formación laranxa.

Estas consecuencias traduciríanse na perda de axudas e subvencións de carácter autonómico. Por iso, Louzao insta ao Goberno local a que faga público que tipos de axudas e subvencións provenientes da Xunta están en risco. “Intuímos que o Goberno local negará a maior neste asunto. Para iso presentarán recursos co obxectivo de evitar a perda das axudas, pero o único que lograrán é gañar tempo a través da tramitación de reclamacións”, afirmou.

Louzao desvelou que na Comisión de Contas sobre a Conta extraordinaria de 2019 informóuselles de que efectivamente a estratexia do Goberno local pasa por presentar recursos para non perder as axudas. Ademais a portavoz de Cs criticou a falta de transparencia neste asunto. “Esiximos que a responsable da área faga públicos cantos recursos foron presentados e a que tipo de axudas ou subvencións corresponden. E sobre todo, a que importe total ascende este despropósito”, dixo Louzao. “O atraso na remisión da Conta Xeral é inadmisible. Asistimos a outra demostración máis da falta de dilixencia deste Goberno e da terrible falta de política económica que sufrimos nos últimos anos”, sentenciou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo