Cs insta ao Goberno local a cumprir e actualizar o regulamento de participación cidadá

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo propoñerá á corporación instar ao Goberno local a cumprir o regulamento de participación cidadá, ignorado de forma sistemática polo actual Goberno local. Louzao mostrouse moi critica co BNG e en particular coa concelleira responsable desta área, Cristina López, á que acusou de saltarse deliberadamente a normativa y bloquear as canles de participación cidadá. “No Concello de Lugo contamos cun Regulamento de Participación Cidadá desfasado que data do ano 2000 polo que é necesario actualizalo, pero tamén cumprilo. Ademais no 2016 aprobouse por unanimidade unha proposta para a elaborar un novo regulamento do que aínda, 4 anos despois non sabemos nada, a pesares de que naquel momento por parte do goberno argumentouse que xa existía un borrador moi avanzado que se facilitaría en breve. Case 5 anos despois nada del sabemos”, apuntou.

Louzao sinalou que a participación non pode limitarse unicamente ás eleccións para elixir aos representantes. “Nestes últimos anos observase un escaso interese político por parte do goberno local por potenciar as políticas participativas. Non só polo incumprimento continuo do actual Regulamento, que contempla actuacións que levan anos sen levarse a cabo como é a elección dos representantes das parroquias da zona rural ou o Consello das Entidades Veciñais que se constituíu no Regulamento actual e que debe xuntarse cada seis meses. Tamén porque o que se contempla en relación á información municipal, ás entidades cidadás, ás convocatorias dos Consellos sectoriais existentes na actualidade ou á reserva anual orzamentaria para iniciativas cidadás non se están a realizar”, apuntou a concelleira.

“É preciso ampliar ese dereito de participación, para promover, entre outros aspectos, o debate social acerca de distintas visións existentes en asuntos que afectan á cidade. Para o desenvolvemento da relación entre goberno local e cidadanía non basta só con plasmalo nun papel ou levar a cabo unha defensa verbal do mesmo, senón que é necesario crear canles e instrumentos axeitados para que sexa realmente eficaz”, apuntou a concelleira.

“A participación cidadá é un elemento clave para conectar á acción de goberno coas necesidades das persoas e facilitar a eficacia das decisións políticas. Esta normativa cumpre cunha importante función xurídica ao precisar con claridade todos os procesos de participación, como o que se celebrou recentemente entre os veciños e veciñas de Rafael de Vega sen ningún tipo de seguridade xurídica”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com