Cs insta ao Goberno local a incrementar a seguridade dos peóns á altura do número 48 da Ronda da Muralla

A portavoz municipal de Cs Lugo instou esta mañá ao Goberno local a mellorar “con urxencia” a seguridade para os peóns na Ronda da Muralla, á altura do número 48, onde se instalou o novo valado por risco de derrubamento. “As medidas de seguridade son insuficientes. Os peóns están totalmente desprotexidos e vense obrigados a invadir o carril para poder transitar por este punto. Non contan con ningunha garantía nin protección para salvar este elemento. Tampouco existe sinalización de prohibición, falta información”, asegurou a concelleira da formación laranxa.

Cs Lugo considera que é necesario buscar solucións técnicas para mellorar a seguridade viaria neste conflitivo punto. “Introducir sinalización luminosa sería un dos elementos a valorar, xa que o tránsito é especialmente perigoso nas horas do día sen luz solar. O valado prioriza o tránsito de vehículo sobre o tránsito dos peóns, consideramos que ten que ser ao revés por razóns obvias. Se non existe unha solución técnica viable o mellor será sinalizar claramente que está prohibido o paso por esa marxe da rúa para impedir posibles atropelos. O Goberno debe actuar con rapidez neste asunto”, sinalou.

Este asunto supón un tapón na Ronda cunha solución lenta e difícil. A orixe do problema é a lentitude coa que se actuou”, afirmou Louzao. “Trátase dun risco que existe desde fai anos e que ten unha tramitación legal complexa por iso era necesario actuar con maior premura para ofrecer solucións e impedir que o risco de derruba paralice o tráfico na Ronda da Muralla, e polo valor estratéxico deste punto en gran parte do centro da cidade. Agora pagámolo todos os lucenses que nos despracemos a pé por aquí”, concluíu a edil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com