" />

Cs Lugo critica que o goberno dea “carácter voluntario” a que o persoal vaia traballar

A voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, considerou esta mañá “inaudito” que o Goberno municipal outorgue “carácter voluntario” ao feito de que o persoal municipal decida vir traballar ou non. O Goberno de Lara Méndez, afirmou onte, en relación ao feito de que haxa músicos da Banda Muncipal que non veñen ensaiar desde que hai un ano se xubilou o director da Banda, que “é unha responsabilidade de cada un asistir ou non”. Para Olga Louzao “é responsabilidade directa do Goberno que o persoal municipal cumpra coa súa función e co seu cometido, porque para iso son traballadores públicos que reciben un salario que lles pagan todos os lucenses”.

Para a voceira de Cidadáns, “as declaracións do Goberno socialista supoñen un recoñecemento expreso da situación de caos total que vive neste momento o Concello de Lugo en numerosos servizos e constatan a inacción absoluta de Lara Méndez e o seu equipo que non é quen de poñer orde e que, coa súa permisividade, contribúe á anarquía actual”.

Olga Louzao esixiulle directamente a Lara Méndez que “de xeito inmediato poña en marcha un sistema de control horario para o conxunto dos traballadores municipais“, dado que, indicou, “o Concello de Lugo é a única administración pública da cidade de Lugo onde o seu persoal non ten que fichar” e a maioría dos traballadores e traballadoras municipais levan tempo reclamando un sistema de control horario que loite contra o absentismo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo