" />

Cs Lugo tilda de “novo fiasco” os orzamentos participativos

O Grupo Municipal de Cidadáns Lugo sinalou esta mañá que os orzamentos participativos organizados polo Goberno municipal foron “un novo fracaso”; xa que tan só 600 persoas das 6.100 visitas da páxina participaron nas votacións. “É dicir, menos do 1% dos lucenses votaron polas propostas presentadas, polo que a alcaldesa debería rebautizar esta iniciativa como os orzamentos non participativos”, opina Olga Louzao, protavoz da agrupación.

Os orzamentos participativos é unha iniciativa organizada polo Goberno Municipal de Lugo, para que sexan os propios cidadáns quen escollan en que queren investir parte do diñeiro público. A última vez que se realizou foi no ano 2015, a pesar de que no 2016 orzamentaran 400.000 euros para tal fin. Nestes orzamentos destináronse 350.000 euros, mentres que noutros concellos, como o de Coruña destínanse 3 millóns. “Cada proposta non pode superar os 15.000 euros, o que provoca que a maioría de iniciativas presentadas eran de reparación de rúas ou de danos da cidade. O que significa que os veciños víronse abocados a usar esta medida para solucionar a desidia do Concello”, considera Louzao.

Esta pouca participación pode ser debida á lentitude do sistema de votacións, ao ter que rexistrarse na páxina web e ter que esperar que chegue unha carta a casa cun número de verificación. A outra opción era ir presencialmente á oficina de novas tecnoloxías de 10:00 a 13:00 ou de 17:00 a 19:00 ou ao Cei Nodus de 10:00 a 13:00, “sendo un horario laboral, no que moitas persoas non poden ir votar, por iso era tan necesario unha votación telemática sinxela”, afirma Louzao.

Ademais, algunhas das propostas presentadas teñen informe de custos onde se afirma que son necesarios informes técnicos ou que son competencia doutra administración, como na rampla de acceso da porta falsa ou a da reparación do peche do CEIP Pimentel; noutras o orzamento queda curto, como o parking do CEI Nodus que no informe sinala que só se podería actuar en metade do aparcadoiro porque custaría máis de 15.000 euros ou a do EMEVE de equipo para persoas discapacitadas.

“Consideramos que o orzamento dedicado é claramente insuficiente, polo que se ve unha vez máis a estratexia de márketing político da alcaldesa ao achegarse as eleccións, sobre todo levando tres anos sen realizar esta iniciativa”, opina a concelleira.

“Mentres que se planean outras accións pouco útiles para a cidade, como a instalación dun cartel hollywoodense en letras de máis dun metro de altura co nome da cidade, ao que se van a destinar 12.000 euros” afirma Louzao. Por outra banda, a maioría de propostas aprobadas proveñen das mesmas persoas, 9 das iniciativas que se van a realizar estaban propostas por dúas persoas; tamén moitas asociacións aproveitaron esta plataforma para solucionar numerosos problemas, como a reparación da pista vermella por 15.000 euros ou a instalación de poyetes e cortizas na piscina de Frigsa, por 14.400.

É unha vergoña que numerosas asociacións da cidade tivesen que recorrer a esta ferramenta para recibir as axudas que levaban tempo esperando para as súas instalacións e equipamento”, conclúe a portavoz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo