Cs pide ao goberno Municipal de Lugo que convoque a Mesa de Traballo de Ordenanzas Fiscais

O grupo municipal de Cs insta ao Goberno local a que convoque, sen máis demora, a Mesa de Traballo de Ordenanzas Fiscais para poder analizar as necesidades de  actualización suxeridas por parte dos distintos Servizos Municipais e as propostas dos distintos grupos políticos que forman parte da corporación. As Devanditas ordenanzas, son un instrumento económico de vital importancia para as arcas municipais e para o conxunto da cidadanía. A voceira do grupo municipal de Ciudadanos, Olga Louzao, lamentou esta mañá a inacción que se produciu neste sentido durante o pasado mandato por parte do Goberno municipal.

“O Goberno socialista non foi quen de manter un calendario concreto para abordar con tempo suficiente, con responsabilidade e rigorosidade a fiscalidade municipal», sinalou Louzao. Exemplo disto é que no ano 2018 non se levou a cabo ningunha modificación nin actualización das ordenanzas fiscais existentes para a súa entrada en vigor neste ano 2019, a pesar de existir varios  acordos plenarios en materia de fiscalidade”, apuntou.

O Grupo Municipal de Cs considera imprescindible que se retome e se convoque de xeito urxente a mesa de traballo das ordenanzas fiscais, para levar a cabo unha revisión exhaustiva das propostas tanto do equipo de goberno como do resto de grupos da oposición, para acadar unha fiscalidade acorde ás necesidades actuais da cidadanía, e que reflicta as modificacións técnicas necesarias propostas polos servizos municipais co obxectivo de ser efectivas ao inicio do 2020.

Louzao lamentou que a actitude mantida polo Goberno local ao longo dos últimos anos estea a xerar auténticos problemas en materia fiscal para a veciñanza, que, a día de hoxe, corre o risco de contar cun réxime fiscal desfasado, inapropiado y que afonde na inxustiza social.

Ademais a formación laranxa propón facer este proceso máis participativo e por iso insta o Goberno local a abrir unha consulta pública a través do Portal de Transparencia do Concello de Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo