Cs pide mellorar na contorna do campo de fútbol de Frigsa

A voceira municipal de Cidadáns en Lugo, Olga Louzao, reclamou esta mañá unha serie de melloras no entorno do campo de fútbol municipal Luis López Gorgoso, en Frigsa, e esixiu ao Goberno municipal que preside Lara Méndez “que aproveite as vindeiras semanas para acometer estes traballos para que, cando no vindeiro mes de agosto comecen os adestramentos de cara á vindeira tempada, os accesos a esta instalación municipal estean en perfecto estado”.

Os concelleiros da formación laranxa, Olga Louzao e Juan Vidal-Pardo, recibiron as queixas dos pais e nais dos rapaces que xogan no campo de Frigsa e comprobaron in situ “o lamentable estado das beirarrúas que dan acceso ás instalacións, con amplas zonas nas que as baldosas están completamente levantadas”.

Do mesmo xeito, solicitaron que se dote de iluminación á rúa que bordea o campo pola parte traseira e que carece de ningún tipo de luminarias. “Trátase dunha zona sombría, na que hai árbores e onde aparcan os vehículos os usuarios das distintas instalacións que hai na zona, como son ademais do campo de fútbol a Casa das Asociacións, as pistas de tenis ou mesmo o Auditorio e que se volve insegura para os peóns”, denuncia Olga Louzao, que lembra que é unha zona frecuentada por cativosque van ou volven dos adestramentos.

Cidadáns denuncia tamén que hai zonas anexas ao campo pechadas con cinta de obra e sen uso de ningún tipo e piden que se busque unha utilidade a estes espazos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com