Curso do INAP na Deputación de Lugo de recursos humanos para os concellos

O Pazo de San Marcos acollerá o curso Planificación e ordenación de recursos humanos . Problemática actual,  os días 20, 21 e 22 de outubro para a capacitación dos empregados públicos da administración local con competencias na xestión de persoal. A actividade enmárcase no Plan Interadministrativo 2020 do Instituto Nacional de Administracións Públicas INAP coa Deputación de Lugo.

A convocatoria desta acción formativa conxunta vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e forma parte do convenio de colaboración entre a institución provincial e o Ministerio de Administracións Públicas para a realización en Lugo de accións formativas dirixidas ao persoal ao servizo das corporacións locais.

O curso, de 20 horas lectivas, ten como finalidade dar a coñecer ao persoal directivo e técnico de recursos humanos as novidades que afectan ao marco xurídico e os instrumentos que inciden na planificación e ordenación dos traballadores nas administracións. Dispón de 40 prazas e o prazo de solicitude remata o 28 de setembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com