" />

Daniel Vega será o candidato do PP á alcaldía de Ribadeo

Daniel Vega será o candidato do PP á alcaldía de Ribadeo nas vindeiras eleccións municipais do 2019. Natural da parroquia ribadense de Arante, leva vencellado ao Partido Popular dende o ano 2003 e, actualmente, é deputado no Parlamento de Galicia. O candidato popular foi presentado hoxe nunha rolda de prensa na que participou o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acompañado da presidenta provincial, Elena Candia, do propio Daniel Vega, do presidente local do PP, Jesús Penabad; e do ex alcalde popular do municipio, José Carlos Rodríguez Andina.

Vega avanzou o seu “compromiso total e absoluto coa defensa de Ribadeo, dos ribadenses e dos sectores estratéxicos do municipio de igual forma que demostrei ata o de agora”. Nese sentido, considera que “como deputado autonómico defendín proxectos e medidas en beneficio de toda a comarca da Mariña e, a partir de agora, defenderei do mesmo xeito aqueles relacionados co noso municipio”. Así, Vega recorda a súa colaboración co tecido asociativo e os labores de apoio ao comercio ribadense ou á venda de produtos locais de calidade na praza de abastos como son a carne, o peixe ou os produtos da horta. Pero tamén destacou a súa defensa e a dos propios veciños por mellorar a estrada de Reme a Vilamar que foi posible grazas ao esforzo da Xunta.

O candidato popular cre que “Ribadeo precisa un impulso económico a través da dinamización da industria e do comercio que sexa capaz de xerar postos de traballo. Isto contribuiría ao asentamento da poboación na nosa vila”. Pero non quere esquecer o rural do municipio “ata agora abandonado sen saneamento nin un servizo de recollida de lixo e limpeza axeitados, por poñer algúns exemplos”, precisou. O popular aposta tamén pola dinamización do Porto comercial e do deportivo e pola execución das infraestruturas previstas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo