" />

Darío Campos cesa a Manuel Martínez como Vicepresidente da Deputación

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, cesou hai escasos minutos a Manuel Martínez como Vicepresidente da Institución Provincial.

Campos anunciou que o novo Vicepresidente e, que polo tanto ocupará o posto de Manuel Martínez, será Argelio Fernández Queipo, alcalde da Fonsagrada e Deputado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente.

A crise entre os socialistas agravouse onte, cando o Deputado e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, votou co Partido Popular no Pleno da Deputación no que os populares pretendían devolverlle as competencias sobre as Residencias provinciais á Sociedade Urbanística Lucense, que todavía dirixe Martínez.

Martínez seguirá, polo momento, ao fronte de Suplusa, xa que só o Consello de administración da Sociedade ten as competencias para cesar ao presidente, que podería contar co apoio dos populares, chegado o momento.

Martínez foi apartado tamén da área de xestión territorial que leva vías e obras que tamén asumirá, Fernández Queipo. O alcalde de Becerreá  tampouco estará xa na Xunta de Goberno. Asemade o PSOE reunirá este serán a súa executiva de Lugo para tratar a situación en que queda Manuel Martínez no partido.

Ante estes recentes acontecementos, Martínez xa ten asumido que será apartado das filas socialistas, polo que avanzou que descarta recurrir o expediente de expulsión, como fixera na mesma situación, na que se atopou tamén hai tres anos. Ademáis, asegurou que volverase a presentar como candidato á alcaldía de Becerreá e que, de non poder estar no PSOE, faríao a través dunha “lista independiente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo